16/5/24

Ler conta Moito en Dorneda e Lorbé: 20 e 23 de maio de 2024

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 20 de maio, ás 17:30 h.
Para nenas e nenos a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) Aforo limitado a 25 prazas.
ESPECTÁCULO: Manualidades con OQO
Actividade baseada no álbum “Maruxa”, pero nesta ocasión a masa que se preparará non será para facer pan, senón para dar forma aos personaxes e crear novas escenas do conto.

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 23 de maio, ás 17:30 h.
Para nenas e nenos a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201) Aforo limitado a 20 prazas.
ESPECTÁCULO: Maxia con Pedro Bugarín.
Ademais de asistir a diversos trucos de ilusionismo, as nenas e os nenos poderán facer maxia eles mesmos. Os xogos realizaranse con obxectos cotiás: libros, gomas, moedas, cartas, etc.

Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización das actividades.

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

15/5/24

"Poéticas galegas" coa actriz Chus Álvarez e a música de Ángeles Dorrio: 16 de maio 2024

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 16 de maio ás 19:00 h.

Conmemoración do Día das Letras Galegas cun recital poético que honra a 31 escritoras galegas, a cargo de Chus Álvarez (selección poética, interpretación e dirección), acompañada ao piano e a voz cantada por Ángeles Dorrio.
Comeza e finaliza con poesías de Luísa Villalta, pero tamén recitará poemas de Yolanda Castaño, Pilar Pallarés, Alba Doval, Antía Otero, Rosalía de Castro, Lupe Gómez, Lucía Aldao, entre outras.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Alice Munro, 1931-2024: a beleza da cotiandade

Alice Munro, 1931-2024: a beleza da cotiandade
Faleceu Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013 e Premio Booker en 2009. Canadense dunha pequena vila de Ontario, a mestra do conto contemporáneo comezou a escribir sendo adolescente. Entre outras ocupacións, traballou como camareira e foi empregada de biblioteca. O seu inicio no mundo da narración curta deuse antes de cumprir 20 anos, coa publicación de As dimensións dunha sombra (1950) nunha revista estudantil para adicarse á literatura aos 30 anos con contos e relatos que vendía para a radio pública do seu país. Munro utilizou a beleza das pequenas cousas como material para amosar as dores máis fondas da natureza humana.

Títulos de Alice en Bibloleiros
Libros de Alice Munro en eBiblio
"La vida de las mujeres" foi obxecto de debate nas tertulias literarias e lectura recomendada en Radioleiros.

Lévate en préstamo os libros de Munro que temos ao teu dispor no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Luísa Villalta, a vontade íntima de voar. Recomendacións para o Mes das Letras

Historias e contos para namorar, a xeito de notas musicais que acompañan a festa das nosas letras. 


 

14/5/24

Día das Letras Galegas nas Bibliotecas Municipais

Consulta todas as actividades dedicadas á escritora e música Luisa Villalta.

 


Mes das Letras nas Bibliotecas Municipais

 Exposicións, paneis informativos, xogos e pasatempos para nenas e nenos. Eis unha mostra de como lucen as Bibliotecas Municipais durante o Mes das Letras. Maio dedicado á escritora, docente, filóloga, tradutora e violinista Luísa Villalta.

Biblioteca de Dorneda
  

Pasatempos extraídos das páxinas web do Seminario Galán e Primavera das Letras.

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta Gómez "Literatura e música, emoción e compromiso"

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros presentamos este díptico informativo sobre a escritora, docente, filóloga, violinista e tradutora Luísa Villalta, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a súa figura.


Tertulia literaria en Rialeda: mércores 15 maio 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "De bestias y aves" de Pilar Adón.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El adversario" de Emmanuel Carrère.

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 14 maio 2024 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.

Sesión moderada pola profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.

Celebramos o Día das Letras Galegas con "Mulleres, poetas e galegas", unha escolma de textos poéticos seleccionados pola biblioteca.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Leña menuda" de Marta Barrio.

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 14 maio 2024 (Grupo C)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
11 a 12:30 h.

Sesión moderada pola profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.

Celebramos o Día das Letras Galegas con "Mulleres, poetas e galegas", unha escolma de textos poéticos seleccionados pola biblioteca.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "La uruguaya" de Pedro Mairal.

10/5/24

Hora do conto: 13 a 16 de maio de 2024

Hora do conto: 13 a 16 de maio de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Luns 13 de maio, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Coa cabeza a paxaros”
CONTACONTOS: Charo Pita

Martes 14 de maio, ás 18:30 
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Contos do meu avó”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Mércores 15 de maio, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “Contos con miga”
CONTACONTOS: Migallas Teatro

Xoves 16 de maio, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “A nena do violino e a poesía”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 13 a 16 de maio 2024

Actividades de promoción da lectura: 13 a 16 de maio 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 13 a 16 de maio:

Luns 13 de maio:
- 10:25 e 11:40 alumnado de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Tinta de mar" con Ramiro Neira.
Martes 14 de maio:
- 10:15 alumnado de 5º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Animais do bosque" con Trinketrinke Teatro.
Mércores 15 de maio:
- 10:25 e 11:40 alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Tinta de mar" con Ramiro Neira.

Mércores 15 de maio:
- 10:00 alumnado de 3º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"A nena do violino e a poesía" con Trémola Teatro.

Martes 14 de maio:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"A pequena Luísa" con Ramiro Neira.
Xoves 16 de maio:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"A nena do violino e a poesía" con Trémola Teatro.

Recomendacións en Radioleiros: 10 maio 2024

Recomendacións en Radioleiros: 10 maio 2024
- Infantil (crianzas a partir de 3 anos):
"Carabuñas" de Margarita del Mazo. Ilustrado por Charlotte Pardi"Carabuñas" de Margarita del Mazo. Ilustrado por Charlotte Pardi. En OQO.
Nunha casoupa vella, ao outro lado do bosque, vive un bruxo chamado Carabuñas que nas noites de luar vai cazar cativas-os para a súa despensa. Unha daquelas noites entra na aldea e métese no dormitorio de Branca, unha nena espelida e lista que non está disposta a ser a merenda de ninguén... Historia divertidísima cunha mensaxe que xira ao redor da astucia. A nena, sendo en principio a máis débil, consegue que Carabuñas fuxa do seu cuarto espantado e desgustadísimo.

"La historia de los vertebrados" de Mar García Puig
- Mocidade e persoas adultas:
"La historia de los vertebrados" de Mar García Puig. Editado por Random House.

Dispoñible en eBiblio

Mar García Puig é filóloga, editora e política española, deputada do Congreso por Barcelona entre 2016 e 2023. Este é o seu primeiro libro e nel fala do trastorno de ansiedade que sufriu despois de converterse en nai e congresista ao mesmo tempo. É un interesantísimo relato no que o público e o privado mestúranse e pelexan e no que a autora, partindo da súa experiencia persoal, viaxa polo mundo da arte, da literatura, da mitoloxía e da historia da medicina para mostrarnos a mulleres que sufriron problemas de saúde mental relacionados co posparto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/5/24

Cambio de data da charla "Investigación sobre microalgas" (Ler para Saber)

A charla "Investigación sobre microalgas", con Carmen Rioboo Blanco, profesora de Microbioloxía na UDC, inicialmente programada para o venres 10 de maio, celebraráse o venres 31 de maio ás 18:30 h. por motivos persoais da ponente.

Pregamos desculpen as molestias.

8/5/24

Presentación de "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar: 9 de maio 2024

Presentación de "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar: 9 de maio 2024
Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 9 de maio ás 19:00 h.


No libro "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" nárrase a biografía da matemática María Wonenburger, unha muller nacida en Oleiros que desde nena quería estudar matemáticas, para o cal tivo que superar moitos obstáculos. Realizou unha brillante carreira no estranxeiro que a converteu nun referente internacional da álxebra. Veu truncadas as súas investigacións ao ter que volver á casa, cando aínda tiña moito que aportar. Os recoñecementos, como tantas veces, chegaron moi tarde.
María José Souto Salorio é catedrática de Escola Universitaria da área de Álxebra na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación nese ámbito do coñecemento. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.
Ana Dorotea Tarrío Tobar é catedrática de Escola Universitaria da área de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación no campo da xeometría diferencial. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.